PAZO de CACHAMUIÑA
 
 
Situado no pobo de Cachamuiña pertencente á parroquia de Sta María de Lamela, podemos acceder a este pazo a través da C-536 ( Ourense- A Rúa).Ver Mapa

Gran casa de forma rectangular case cuadrada. Unha das súas fachadas da a un patio cerrado por un muro alto que forma o alpendre, e por unha capela que tradicionalmente é cedida ó pobo de Cachamuíña para celebrar a festa popular. Pertenceu ó Coronel Bernardo Gonzalo, máis coñecido por Cachamuíña, defensor da cidade de Vigo contra as tropas francesas.