PAZO CASA BLANCA
 
 
Situado no pobo de Lamela pertencente a parroquia de Sta María de Lamela, podemos chegar a este pazo a través da C-536 ( Ourense- A Rúa).Ver Mapa

Este pazo foi construido entre os séculos XVI e XVII, sendo o seu estilo, Barroco e Renacemento. Adáptase á desigualdade que ten o terreo, de maneira que o número de plantas varían, tendo tres na fachada Norte da Torre e dúas nas restantes. As súas dúas fachadas teñen gran interese:

-A primeira orientada hacia o Norte, é un gran lenzo que responde ó lado largo dorectángulo, liso e con tres andares.

Presenta buratos de aire alargados; o principal ten fiestra de balcón e no centro un balcón volado con repisa de pedra sustentada sobre asentos de dobre curva. As balaustradas son de ferro e os muros rematan cunha sencilla cornisa de “gola” naa que se sustenta o aleiro.

-No andar baixo está a porta principal e unha escaleira de pedra que serve de acceso á vivienda. O segundo andar leva un balcón apoiado en asentos, tamén de dobre curva como na fachada Norte e con balaustrada de ferro.

-A fachada Oeste, que é a principal, está nun plano máis alto. Está constituída en parte, polo lado menor do edificio,o resto está constituído pola Torre que queda empotrada no mesmo. Os materiaiss empregados na construcción da Torre, contrastan fortemente co resto do edificio.