PAZO CASDEMIRO
 
 

Situado no pobo de Casdemiro pertencente á parroquia de Sta María de Melias, podemos acceder a este pazo a través da N-120 ( Ourense-Ponferrada)Ver Mapa

É un edificio que data de principios do século XVII. É unha construcción que debido a súas multiples restauracións, ten un tipo de planta difícil de precisar. Poderíamos definilo coma un edifcio de planta rectangular con dúas alturas, e un patio exterior en dous niveis cunha costrucción en perpiaño.

Un murallón pecha o patio por un dos seus lados nos que se abren dúas portas; a principal é adintelada e a outra ten un gran arco de medio punto que da acceso á finca que rodea o edificio.

A única fachada que ofrece interés é a principal, de dúas plantas. Ten un primer balcón con repisa moldurada sobre reposadeiros. As fiestras que abren ó balcón, son rasgadas e con montante.

As pedras de armas que se atopan no pazo son as seguintes: Dúas pedras toscas sobre o dintel do portalón principal que levan os blasóns dos Puga e dos Feijoo.No centro está grabada unha “M, un escudo ovalado timbrado con ielmo cuartelado coa cruz e as vieiras dos Ribadeneira, posuíndo tamén grabados de Enríquez, Taboada, Nóvoa e Sotelo.
Sobre o dintel do portalón, hai unha inscripción que fai referencia ó nacemento do Pai Feijoo,na que se lee: EN EL AÑO 1676 NACIO EN ESTA DAEL ILMO. Y RVD. P.M FEIJOO Y NONTº.
Aínda se conserva en bo estado a carauta de cera do P. Feijoo neste pazo