PAZO DE CASTADN
 
 
Situado no pobo de Castadón pertencente á parroquia de San Salvador de Prexigueiró, podemos acceder a este pazo a través da C-536 ( Ourense- A Rúa).Ver Mapa
É de planta rectangular construido sobre sillares cuidadosamente labrados, cun patio anterior non inscrito. Presenta dúas alturas cun corpo central máis alto. Na fachada principal presenta a “solaina”. ver fachada norte)
A fachada de maior interese é a principal, orientada ó mediodía. Na planta baixa, ábrese o portalón da entrada adintelada, con dúas saeteiras horizontais a ambos lados, como defensa da casa.
O andar principal ten nos extremos grandes balcones volados con repisas de pedra apoiadas sobre reposadeiros de tres curvas. No centro, atopámonos cun balcón de menos vo que vai unido ó dintel da entrada. Entre os balcóns hai dúas fiestras regulares. A fachada remata cunha cornisa de caveto e gola situada debaixo do aleiro. No Centro, levántase outro cuerpo onde o frente se pecha cunha galería. Como elementos plásticos atopamos dúas repisas circulares a ambos lados do balcón central e dúas pedras de armas de diferente factura.
A planta baixa do edificio está ocupada polas dependencias do servizo e a principal pola vivienda.
Dende o portalón da entrada accédese a un amplo zaguán empedrado do que arranca un dos seus lados, unha escaleira de pedra con barandilla maciza e pasamáns rematados en espiral.
Logo dos primeiros tramos, péchase cunha porta adintelada. A escaleira continúa ata a planta principal desenvocando nun vestíbulo ou corredor, en torno ó cal están organizadas as dependencias da vivenda.
Ó redor do pazo, atopamos un hórreo de singular belleza