Situado no pobo de A Pena pertencente á parroquia de Sta Cristina de Vilariño, podemos acceder a este pazo a través da N-120 ( Ourense - Ponferrada).Ver Mapa
Realizado entre os séculos XVIII y XIX de estilo popular. O seu edificio principal posúe tres cruxías ó redor do patio. Os muros son de varias épocas. O muro Leste destaca polos seus blasóns ó lado dunha fiestra, e ó Sur unha solaina acristalada.
Un muro rodea a propiedade e hai unha serie de edificacións auxiliares con balcóns e escaleiras. Chama a atención un hórreo cunha recargada decoración no sobrepenal de pináculos de bola aberta con cruz.