
Situado no pobo de Lamela pertencente a parroquia de Sta María de Lamela, podemos acceder a este pazo a través da C-536 ( Ourense- A Rúa).
Ver Mapa
A torre de Lamela remóntase á época medieval. Pertencía á casa da Pena e a Torre tiña un subforo máis dos señores da Pena.
A parte máis interesante corresponde á torre que da nome á casa.
É de planta rectangular e de mampostería. Conserva no lado Sur unha fiestra con zapatas nos ángulos superiores, e no Oeste unha fiestra gótica con arcos, parteluz e arco de medio punto, que están na actualidade tapiadas.