Os Pazos son o reflexo dunha época, dunha sociedade e dunha forma de vivir que actualmente segue producindo fascinación, non só pola historia que agochan as súas pedras senón tamén pola súa monumentalidade e perfecta integración no entorno natural que unha vez tras outra, aparece transformado pola súa presencia.
Pereiro de Aguiar, posúe dentro do seu territorio, unha cantidade importante destas edificacións, cada unha coa súa idiosincrasia particular e unhas características que definen ós que antaño estiveron habitando estas fermosas construccións.
Para unha fácil ubicación dentro da xeografía deste Concello, situamos un enlace do mapa do Concello de Pereiro de Aguiar para que o visitante poida localizalos.
Os máis importantes son: