Premio Maria Moliner

Premio Maria Moliner

A Comisión de Valoración da XIX Campaña de Animación á Lectura María Moliner, convocada polo Ministerio de Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación Banco Santander, seleccionaron os 300 proxectos premiados.

Estos proxectos foron elexidos entre os 546 presentados á edición deste ano, dos que a Comisión de Valoración seleccionou os 300 mellores programas de promoción da lectura, cuxas bibliotecas recibirán un premio en metálico de 1.706 euros financiado polo Ministerio de Cultura e Deporte, que conta cun presuposto para esta actuación de 512.000 euros. Esta actividade, que incentiva as actividades de promoción da lectura en todas as bibliotecas españolas, de municipios menores de 50.000 habitantes, é un dos programas prioritarios do Plan de Fomento da Lectura 2017-2020.

O listado completo de municipios premiados pode consultarse neste documento.

O proceso de selección levouse a cabo mediante a análise dunha serie de criterios, entre outros a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que conteña la proposta.