Actividades de setembro a xuño. Curso 2015/2016.

Preparación de probas libres de ESO, a ciclos medios de FP e sobre competencias clave:

Dende o Servizo de Educación está programada a preparación para probas libres de ESO, para persoas a partires dos 16 anos durante todo o ano; preparación de probas de acceso a ciclos medios de FP, tamén de 16 anos en adiante todo o ano; preparación de probas sobre competencias clave. As datas dependerán da publicación da Orde da convocatoria, que se agarda sexa a partires de febreiro; reforzó escolar a partir de xaneiro para alumnos de primeiro e segundo da ESO; servizo de orientación e asesoramento a pais, nais e estudantes (ESO, ciclos formativos e demais xestións administrativas relacionadas co ámbito educativo).

Toda a información das actividades e datas comunicaranse oportunamente a través de bandos, da web municipal e do facebook da OMIX. Os interesados en recibir información a través de correos electrónicos, podedes enviarnos o voso correo a o seguinte enderezo: [email protected]. Para inscricións ou maior información sobre as actividades, o teléfono da Biblioteca Pública é o 988 259 839. O horario de atención ao público é de 20,00 h. a 14,00 h., e de 16,00 h. a 20,30 en inverno; e de 9,00 h. a 14,30 h. no verán.