Prevención de Incendios Forestais

Prevención de Incendios Forestais

A lei establece os seguintes criterios para a xestión da biomasa. Lembrase o deber de limpar a vexetación nas seguintes zonas.

CASAS ILLADAS

-Desde o límite da casa ata os 10 metros: non pode haber maleza nin árbores. As copas das árbores tampouco poden invadir esta franxa de protección.

-Desde os 10 ata os 30 metros: non pode haber maleza, nin piñeiros, nin eucaliptos nin acacias, especies todas elas pirófitas, é dicir, que arden facilmente. O resto das árbores (carballos, castiñeiros..etc) deben estar ben separadas entre si.

-Dos 30 aos 50 metros: non pode haber maleza e as árbores teñen que estar ben separados entre si.

ALDEAS E VILAS

-Desde o límite da aldea ou vila ata os 30 metros: non pode haber maleza, nin piñeiros, eucaliptos ou acacias.

-Dos 30 aos 50 metros: non pode haber maleza e as árbores teñen que estar ben separados entre si.

Nas novas edificacións de uso residencial, comercial, industrial ou servizos, instalacións agrogandeiras ou forestais manterase unha franxa de seguridade de 50 metros, nas mesmas condicións que para as casas illadas.

 

Quen é os responsables da limpeza das franxas?

Os propietarios, arrendatarios, usufrutuarios ou titulares dos terreos.

Cando debemos facer esta limpeza?

Antes do 30 de xuño de cada ano.

DESCARGAR MEDIDAS DE AUTOPROTECCIÓN FRONTE AO RISCO DE INCENDIOS FORESTAIS