Proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca:

Proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (cuio prazo remata o 2 de febreiro de 2018) nas segintes familias profesionais:

Administración e xestión, Agraria, Comercio e mercadotecnia, Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Enerxía e auga, Fabricación mecánica, Hostalaría e turismo, Imaxe e son, Imaxe persoal, Industrias alimentarias, Informática e comunicación, Instalación e mantemento, Madeira, moble e cortiza, Química, Sanidade, Servizos socioculturais e á comunidade e Transporte e mantemento de vehículos.

Convócanse as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro de 2018.

Prazo solicitudesData exanen
12 -23 marzo25 maio
2-9 xullo7 setembro

Estanse a impartir no concello clases gratuítas para a preparación das mesmas.

Teléfonos municipais de información:  988 25 93 85  e  633 12 04 94.