PROTECCIÓN DE DATOS – REDES SOCIAIS

Este é o perfil do Responsable de Tratamento: CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR, [email protected] De acordo co establecido pola normativa de protección de datos, informámoslle ao facer uso desta páxina, vostede atense á política de protección de datos disposta por Facebook. Deberá ter en conta que, ao realizar comentarios ou pulsar “gústame” ás publicacións desta páxina, tanto os comentarios realizados como o seu nome de usuario serán visibles e accesibles para o resto de usuarios desta páxina. Vostede mesmo poderá editar e/ou eliminar os comentarios que vostede mesmo realizase. Se desexa que se elimine algún comentario, fotografía, vídeo ou calquera outro elemento relacionado co seu usuario, poderá comunicalo enviándonos unha mensaxe privada, ou por correo electrónico: [email protected]