 |
RÍOS |
 |
|
 |
| |
 |
Polo Concello de Pereiro de Aguiar transcorren dous ríos (Miño e Loña) e multitude de pequenos regatos como son (Pensos, Prado,Grañal etc). No que se refire ó Río Miño podemos decir, está situado ó NO do Concello, e pasa por debaixo das terras de Melias e Vilariño.
|
 |
 |
|
O seu paso por estas terras, non ten tanta importancia como a do Río Loña, xa que este último atravesa o Concello. Do río Miño poderíamos decir que é un río español e portugués cunha lonxitude é de 340 km. Nace pola unión de varios regatos na “Seña da Miña” na Provincia de Lugo, a 600m. de altitude, dirixindose ó Noreste para logo orientarse ó Sureste e confluir co Río Sil nos Peares. Pasa por Ourense e Ribadavia e forma fronteira con Portugal desembocando en A Guardia. Na súa maior parte atópase encaixonado no Macizo Granítico galego. |
 |
 |
A forma encaixonada do seu val, xunto co seu caudal moi regular, fano particularmente apto para a producción de enerxía electrica.
|
 |
 |
O río Loña atravesa Pereiro sendo por este motivo o máis importante para o Concello que o Río Miño, aínda que non poida competir en caudal, poderío e grandeza. Nace ó pé do monte A Moura na parroquia de Loña do Monte (Nogueira de Ramuín) e baña as parroquias de Armariz, Rubiacós, Faramontaos, Covas, Lamela, Tibiás, Santa Marta e Velle, onde desemboca pola esquerda do río Miño. Os seus afluentes son A Boca, Vernaus, Prado e Grande pola dereita, e Triós, O Grañal e Gaxela pola esquerda.
|
 |
 |
|