DEPORTES E PAVILLÓN MUNICIPAL

Fútbol

Ao longo da xeografía deste concello, atopámonos con diversos campos de fútbol nos que se pode practicar este deporte na modalidade de afeccionado, pero centraremos este enlace nos clubes inscritos na Federación Galega de Fútbol, que militan en categorías rexionais e provinciais, comentando a súa historia e logros deportivos máis destacables:

SD Melias

A S.D Melias fundouse na tempada 1980-81 como iniciativa de varios mozos do lugar de Melias que ata entón  estaban desenvolvendo a súa actividade deportiva noutros clubes da provincia, sendo o seu presidente fundador D. Francisco Fernández Pato.
As dúas primeiras tempadas disputou os seus encontros no campo de fútbol do Medo (Vilariño) ao non dispor de estadio propio, pasando a disputar os seus partidos no ano 1984 no actual estadio de “A  Abelleira” situado na parroquia de Sta. María de Melias.

 

O seu actual estadio ten unhas medidas de 90 m de longo x 57 m de ancho. Dispón de vestiarios, cafetería, grada cuberta (ano 2003) e foi construído nun terreo comunal coa colaboración todos os veciños e o concello do Pereiro de Aguiar.

 

Dispón así mesmo, dun local social situado na antiga escola da aldea onde poderemos atopar un amplo dossier da súa historia acompañada das fotografías e trofeos acadados.
A súa equipación oficial é a camiseta verdibranca e pantalón branco, actualmente milita na categoría de 1ª rexional do fútbol ourensán.
Na actualidade conta con máis dun centenar de socios que contribúen a paliar os gastos que xera este clube.

DEPORTES

Últimas Noticias de Deportes

Aquí aparecerá o listado das noticias referentes a esta sección: