Enderezo:
Praza do Castelo.
32710 Pereiro de Aguiar (Ourense)
Teléfono: 988 259385 Ext.25
Fax: 988 259395
Horario de Atención:
Luns a Venres de 9,00 a 13,00 h.
A importancia dun Concello, non se define polo tamaño do seu territorio nin polo maior ou menor número de habitantes, senón máis ben pola calidade de vida que ofrece. A calidade de vida mídese, entre outras cosas, polo grado de acceso dos cidadáns ós medios de educación e cultura. Dende o departamento de Cultura trabállase na busca dos seguintes obxectivos:
-Incentivar e favorecer a creación cultural, creando novos espacios para a cultura e apoiando material e económicamente os procesos creativos.
-Rendabilizar as inversións culturais, programando actividades para todas as idades e durante todo o ano.
-Fomentar o asociacionismo, favorecendo así a participación cidadá e poñendo a disposición dos veciños recursos, programas e espacios para o lecer e a creación.
-Descentralizar a oferta cultural, desenvolvendo unha rede de centros socio-culturais en distintos lugares e parroquias.
-Promover a conservación do patrimonio cultural, organizando e patrocinando todos aqueles eventos en favor da tradición cultural e festiva do noso Concello.