O Concello de Pereiro de Aguiar atópase situado a 7 Km. da capital lindando cos Concellos de Nogueira de Ramuín ó Norte, Paderne de Allariz ó Sur, Esgos ó Leste e Ourense ó Oeste.
A súa extensión é de 61,1 Km2 situándose á esquerda do río Miño que baña as súas terras ó carón do encoro de Velle, aínda que tamén transcorre por este Concello o río Loña, verdadeiro nervo axial do mesmo, deixando o seu paso outros dous encoros que abastecen de auga á capital provincial (Cachamuíña e Castadón). Posúe unha poboación de 5.326 habitantes (ano 2.003) e está composto por 13 parroquias.
As maiores alturas podemos atopalas na cadea oriental, Chaodarcas (647 m.) e nos montes de Ordelles, Outeiro de Covas e Balbón, na cadea occidental sitúase como punto máis elevado o Monte de A Chaira (449 m.).
O clima destas terras baixas e abrigadas, prolonga o mesmo clima que o val do Sil, con netas características mediterráneas. A temperatura media anual é de 14º en Xaneiro e 21,7º en Xullo.
Forman parte do Concello as seguintes parroquias:
Calvelle San Miguel
Carballizos - Pardieiros, Os - Parladoiro, O - Quintela - Reboredo San Miguel - Selas - Vilarchao
Chaodarcas Sta. Ana
Anduriñas, Chaodarcas de Abaixo,Chaodarcas de Arriba, Ordelles Covas San Cibrao
Castro de Covas, Cebreiros, Ferradal, Loñoá del Camino, Loñoá grande, O Tombo Melias Sta María
Agra - Bouzas de Fondo - Casdemiro - Cimadevila - Condado, O Espiñedo - Frieira - Lamagrande - Ouriz -Espeteiras, As - Ventosela Prexgueiró San Salvador
Castadón - Cortiñas - Pereiro de Aguiar, O - Pereiro de Alén, O - Prexigueiró - San Salvador - Vilar Sabadelle San Martiño
Lagocios - Parada - Sabadelle - San Benito da Veiga ou Seoane- Vilaboa - Xubande
A Lamela Sta. María
Cachamuíña - Lamela, A San Martiño de Moreiras
Piñeiro, O - Roupeiro, O - San Martiño - Santa Baia - Venda, A San Xoán de Moreiras
Casanova, A - Derrasa, A - Outeiro, O - Ribela - San Xoán de Moreiras Santa Marta de Moreiras
Boeiros - Casmartiño - Caspiñón - Chaira, A - Cimadevila - Gozos, Os - Medorra, A - Monterrei - Outeiro, O - Outeiromeao - Pedraio - Penedo, O - Pioselo - Santa Marta Tibiás San Bernaldo
Casarío - Murteira, A - Pelouriño, O - Tibiás Triós San Pedro
Cachamaría - Malobrigo - Outeiro - Pazo, O - Penedo - Sobrado - Triós - Vilar Vilariño Sta Cristina
Barreiros - Cerradao - Eirexa, A - Figueiredo - Granxa, A - Papelas, As Pena, A - Regueiro, O - San Salvador – Vilariño.