Solicitude Semana Santa

Solicitude Semana Santa

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA, SEMANA SANTA  2019”

  • Dias: 15, 16, 17, 22.
  • Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
  • Prazo de entrega: do 1 ao 5 de abril .
  • Publicación das listas de admitidos: 9 de abril no blog da aula e no blog do concello.

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

5.2.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

  1. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
  2. Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).
DESCARGAR

 

 

Tfno. de información 988 25 93 85