Os primeiros asentamentos humanos neste Concello foron moi
antigos, tal e como se amosa nos restos arqueolóxicos
que se atopan. Exemplo disto, son os Castros de Chao das
Arcas (na parroquia de Chaodarcas) e o de Covas.
Hai quen cre que tamén houbo unha estación romana
no lugar de "Os Baños", basándose nos restos de cerámica atopados e nas lápidas
de carácter miliario da parroquia de Pereiro.
A ruta pola estrada que une os pobos de Melias e Vilariño
cos Peares, goza de extraordinarias panorámicas do
Río Miño abríndose paso entre ladeiras e
espesos bosques de vexetación ribeireña. Neste
tramo o Río Miño posúe abundante caudal debido
á proximidade do Encoro de Velle, resultando especialmente
recomendado para a práctica de deportes fluviais náuticos
como o piragüismo, existindo na marxe dereita un importante porto fluvial (Ribela-Barra de Miño).
O pobo de Vilariño á beira do Miño, conserva
a crenza da existencia dun castelo sepultado polas
augas, de pasadizos subterráneos e de inscripcións en pedra
(“sicenata pacata”) que algúns interpretan que
son conmemorativas de victorias romanas sobre o castro de Medulio.
A parroquia de Sta. María de Melias (Casdemiro) acolle o Pazo
de Casdemiro, casa natal dun dos máis ilustres
polígrafos e pensadores de Galicia, o "Padre Feijoo".
Son importantes os conxuntos de hórreos de Chaodarcas, Outeiromiau,
Parada, San Benito, Pioselo, A Pena, Caspiñón (ver
ruta dos hórreos ) e igualmente poderemos disfrutar da
fermosura dos seus Cruceiros .(ver ruta dos cruceiros)
Para o visitante son numerosos os monumentos históricos
que se poden observar neste Municipio podendo agruparse en
Igrexas ( destacamos a de Sta. María de Melias) e Pazos.
Outra ruta de indudable beleza e tradición, aséntase
ás beiras do Río Loña e podemos denominala a
Ruta dos Muíños. A través dela, volveremos o noso
maxín hacia o oficio de Muiñeiro
que tivo un arraigo especial nestas terras.
Nunha época máis moderna, atopámonos có Complexo
Polideportivo de Monterrei, punto de referencia en tempos de
lecer para gran parte dos ourensáns. A súa oferta inclúe un conxunto
de piscinas con diferentes atraccións acuáticas, pistas
de atletismo, baloncesto, tenis e áreas de lecer. Estas
posibilidades vense complementadas pola existencia dun recinto
hípico e unha pista de Karting construídos nas proximidades,
constituíndo todo o conxunto un dos principais complexos
lúdicos e deportivos de Galicia.
En canto as festas populares que se celebran neste concello destacamos a romería
dos Gozos que ten lugar no pequeno santuario de
Ntra. Sra. Dos Gozos, da parroquia de San Xoán. O acto
inclúe actos relixiosos como a novena na honra da Virxe
e a procesión con numerosas ofrendas e actos populares
así como a xornada gastronómica. O entorno natural da
ermita é de gran beleza, na confluencia dos ríos
Loña e Gruñal.Tódolos primeiros domingos de mes,
celébrase no pobo de Loñoá (parroquia de San
Cibrao de Covas) unha feira típica galega, onde se pode degustar
os productos típicos da terra no medio dunha paraxe
singular.
Durante todo o ano as parroquias, lugares e aldeas celebran
diferentes conmemoracións relixiosas,sendo o o calendario o seguinte.