URBANIZACIÓN VEIGA DE ABAIXO
 
 
Froito do Convenio de colaboración firmado entre Xestur Ourense S.A. e o Concello de Pereiro de Aguiar a finais de 1999, xurde o compromiso de construir 121 vivendas de protección oficial nas proximidades de Santa Marta de Moreiras, entre os núcleos de poboación de Outeiro e Boeiros, na paraxe denominado Veiga de Abaixo.
Trátase dunha parcela de máis de 50.000 m2, que linda coa estrada que une Veiga de Abaixo con Loñoá polo seu frente e na parte posterior co río Loña e o Monte A Chaira.
As obras que se están a realizar constan de:

121 vivendas unifamiliares.
  • Equipamento docente ( Centro de atención á infancia ).
  • Equipamiento comercial ( Tenda, cafetería-
  • restaurante).
  • Zona deportiva e piscina.
  • Xardins.
  • Zona verde.
  • Zona de Xogos infantís.

A tipoloxía edificatoria emprega foi a de viviendas unifamiliares construidas en rengleiras, todas elas de 90m2, dotadas de garaxe e trasteiro. Os deseños foron elexidos a través dun concurso de ideas convocado por Xestur e que corresponden ós seguintes proxectos:

    • 64 vivendas do equipo de arquitectos de D. Javier Suances Pereiro.
    • 30 vivendas do arquitecto D.Antonio Dávila Alonso.
    • 27 vivendas dos arquitectos D.José Antonio Vázquez Martín e Doña Teresa Táboas Veleiro.
O proxecto de equipamento comercial ( tenda, cafetería-restaurante) foi elaborado polos arquitectos D.Jose Antonio Vázquez Martín e Doña Teresa Táboas Veleiro. E o proxecto de equipamento docente-centro de atención á infancia foi realizado polos arquitectos D.Isidro López Yañez y D. Juan A. Caridad Graña.

O proxecto da urbanización, ademáis de dotar dos servizos de abastecemento de auga, saneamento, electricidade, rede contra incendios, telecomunicacións, alumeado público e gas; contempla unha moderna Estación Depuradora de Augas residuais, un Centro de transformación propio, unha rúa interior cos seus correspondentes aparcadoiros, mobiliario urbano e a conexión coa estrada actual a través dunna rotonda para dar unha maior seguridade vial de acceso á mesma.